Tag Archives: O Araño

Os camposantos de Rianxo en Defuntos

1 Nov

O Día de Defuntos é unha xornada moi especial para moita xente. É un día para ir ata os cemiterios, rezar aos que xa non están e lembrar o seu recordo. Centos de rianxeiros pasaron hoxe polos diferentes camposantos da nosa localidade, que contaban cunha estampa pouco habitual, con moitas luces e flores.

fotos 288

Seguir lendo

Advertisements

Magosto no Araño

30 Out

Quen ten ganas de castañas quentiñas? Pois mañá, 31 de novembro, no Araño haberá a fartar e de xeito gratuíto. Na Centro Sociocultural van celebrar o magosto, contando ademais con inchables e noso Magosto. Este ano pensamos nos máis cativos, polo que teremos inchables e tamén coa actuación de Fanfarra Títeres coa súa obra “A caixiña máxica”. O grupo A Restreva tamén animará a tarde e se queredes tomar algo na cantina, os prezos estarán tirados 😉

V Andaina ata o Pozo Bastón dos veciños do Araño

21 Ago

aranhoandainaComo cada ano, e xa van cinco, a Asociación de Veciños do Araño organiza unha ruta ata o Pozo Bastón. A andaina terá lugar o domingo 30 de agosto, partindo dende o hórreo máis longo do mundo (se hai algún despistado que non é da parroquia, é o que está detrás da igrexa) ás 9 da mañá.

A ruta irá ata o Pozo Bastón e volverase ao punto de inicio, co cal serán arredor de 12 quilómetros. Como indican dende a Asociación, “apuntádevos é de balde, bo para saúde e como de costume teremos algunha sorpresiña (os que fostedes xa sabedes…)”. E os que non fóstedes, xa vos digo eu que teñen avituallamento e do bo, que aínda se nota que tocou o Gordo de Nadal hai uns anos alí 😉

Fotos do magosto do Araño (2014)

25 Nov

magosto (1)

O pasado sábado, a Asociación de Veciños do Araño organizou un magosto popular na centro social. Había quilos e quilos de castañas asadas gratis. E prezos populares na cantina, con viños a 50 céntimos, refrescos, cervexas e chupitos a 1€ e combinados a 2,5€. O malo foi o mal tempo que acompañou durante ese día. Velaquí algunhas fotos da xornada. Tedes algunha máis en Rabunho RexeitaSeguir lendo

Camiñata ata o Pazón Bastón do Araño (2014)

4 Out

30092014-caminhata_aranho 006

O pasado domingo 28 de setembro, a Asociación de Veciños do Araño (a única que existe en Rianxo), organizou por cuarto ano consecutivo unha camiñata ata o pozo Bastón de Buía. Ao final, xuntáronse preto de 50 persoas, polo que ano a ano vai collendo pulo a iniciativa. Saíuse pasadas as 9.20 da mañá, xunto ao hórreo máis longo do mundo, e chegouse á fervenza a iso das 11.10 horas. Aquí deixamos unhas fotos do que deu de si a mañá, pero tedes moita máis en Rabunho Rexeita, co avituallamento e todo.

Seguir lendo

María, a cabreira de Campelo

17 Xan

cabreira1

María é de Campelo. Mentres paseo en bici polo monte véxoa nun alto, ao pé do camiño, arrimada a un can e rodeada de 20 cabras. Párome uns metros máis adiante, pensando en se é interesante ou non para a exposición Ruando Rianxo e decido dar volta e falar con ela.

Seguir lendo

Mala cobertura móbil a raíz do incendio de Asados

7 Out

antena1

Es de Asados ou do Araño e tes mala cobertura móbil dende hai unhas semanas? Entó é que tes o móbil con Vodafone ou con algún outro operador que vai pola súa redes, como móbilR ou Pepephone.

Seguir lendo