O sábado 13 de setembro tivo lugar o Rock in Rian, organizado pola Comisión de Juadalupeñas. O cartel era de luxo e o ambiente impresionante. Non puidemos sacar ningunha imaxe da actuación de Forraje, pero un dos momentos da noite foi a actuación de Sabela Galbán cos de Medomedá, como podedes ver na imaxe superior.
Fotos das festas da Guadalupe 2014: o chupitaso
13 Set
Un ano máis, comezaron as festas da Guadalupe. Neste 2o14 botamos a andar coa ameaza de algo de chuvia. Pero no chupitaso medo de mollarse non había, porque os centos de mozos que estaban na praza de Castelao o que tiñan era ganas de que comezase a festa para tirarse auga e viño.
Orquestra Abanico: “O luns das Juadalupeñas haberá algunha sorpresa”
12 Set
Foto de Rosendo © Fonte: facebook.com/pages/Abanico-Orquesta
A pesar de ser de Santiago, o cantante José Manuel Domínguez leva o nome de Rianxo con orgullo por toda Galicia. Faino dende o 2002 a través da orquestra Abanico. Unha formación que nos encanta e que nos fai desfrutar alí en canta festa os vemos. Este ano, de novo, estarán facendo desfrutar a mozos e non tan mozos no días das Juadalupeñas. José Manuel cóntanos máis sobre a historia de Abanico e como é o día a día dunha orquestra.
Santiago Agrelo, arcebispo de Tánxer: “Só faltei dous anos á Guadalupe, e un deles estaba hospitalizado, a piques de morrer”
11 Set
Santiago Agrelo Martínez (20/06/1942), natural de Asados, acode todos os anos ás festas da Guadalupe a oficiar a novena. Acode en coche dende Marrocos, onde foi nomeado en abril de 2007 arcebispo de Tánxer. Nunha entrevista que realizamos o ano pasado con motivo da exposición de Ruando Rianxo e que publicamos agora, puidemos falar con el durante case unha hora de relixión, emigración, fame, da súa actividade en Marrocos e de moitos outros temas. Velaquí a conversa ao completo.
Suspendida a reunión da ANPA Os Gudiños polo recorte de mestres especialistas
9 Set
Fonte: web do CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Actualización: hoxe chegouse a un acordo coa Consellería para este curso. Coméntannos que ía haber recortes si ou si, así que se acadou a solución “menos mala” para este curso. Contarase cunha persoa a media xornada, pero con base en Rianxo, polo que se poderá realizar ben o traballo de coordinación e seguimento do alumnado.
Lembremos que inicialmente, este xoves 11 de setembro, ás 20.00 horas, a Asociación de Nais e Pais (ANPA) Os Gudiños do CEIP ADR Castelao convocara a unha reunión para explicar a situación que pode vivir tanto o centro rianxeiro como os Centros Rurais Agrupados do Concello. Pero, como dicimos, está suspendida. A continuación contamos os detalles do que pasaba.
O estado das estradas rianxeiras
9 SetSegundo un estudo da Asociación Española de la Carretera (AEC) realizado este ano, o estado do firme das estradas españolas é o peor dende que comezaron a analizalo en 1985. Os autores sinalan que hai un grave deterioro, ata o punto de que “actualmente as estradas españolas se atopan nun estado de conservación ‘deficiente’, rozando xa o ‘moi deficiente'”. Galicia, como se ve arriba, está entre as peores comunidades en canto ao estado do firme, xunto con Asturias, Navarra, A Rioxa e Aragón. Non obstante, somos das comunidades con mellores notas en canto a sinalización vertical ou barreiras de seguridade.
Pero neste blog centrámonos no noso concello, en Rianxo. Así que quixemos ver o estado das estradas rianxeiras, sobre todo a raíz dalgún tuit que nos chamou a atención:
Asi están as pistas en #Corques, despois imos todos as urnas, nn digo nada… @concellorianxo pic.twitter.com/YSeFwajBKr
— Mariola (@aloiram_) agosto 7, 2014
Fotos do obradoiro de baile de Vai de Roda
7 SetO pasado sábado 30 de agosto, Vai de Roda organizou unha xornada de portas abertas no Campo de Abaixo. A clase foi impartida por Dani Pereiras. A actividade estaba enmarcada dentro do 10º aniversario da formación.
Celébrase o VI Torneo Internacional de Xadrez “Concello de Rianxo”
28 Ago
Aínda que non fomos ao acto, dende o Club de Xadrez local mandáronnos a nota da presentación do evento, que terá lugar entre as 11 e as 19 horas do sábado, 30 de agosto. O pavillón municipal será o escenario dun acontecemento deportivo de primeiro nivel en Galicia, no que tomarán parte uns 300 inscritos (máis incluso que o ano pasado).
Entrevista con Carmen, A Pachina
25 Ago
Se dicimos Carmen Meda Ces, de seguro que pouco saben de quen falamos. Pero se a identificamos como Carmen A Pachina (6 de novembro de 1932) de seguro que todo o mundo a recoñece. O ano pasado foi unha das persoas que formaban parte da exposición de Ruando Rianxo. Hoxe, queremos facer pública a conversa que tivemos con ela, e que se nos perdera xunto cunha gravadora que agora atopamos. É unha persoa con carácter, que demostrou que a muller é o sexo forte sempre e cando lle deixan traballar e facer cousas. Ata andou ao estraperlo e foi a primeira fémina na zona en conducir en coche. Coñecémola un pouco máis.




