Archive by Author

Catálogo da necrópole tumular dos Campiños, en Leiro

10 Dec

Hoxe quero poñer un gran documento realizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza. Trátase do catálogo dos Campiños e que recolle con todo detalle o que alí podemos ver. Así que é moi importante destacar o labor que realizan dende Neixón e que poidamos ter este tipo de documentos.

docCatálogo da necrópole tumular dos_Campiños

Oxalá algún día poidamos ter unha sinalización correcta ou algún tipo senda ou percorrido que nos permita descubrir os tesouros históricos que agochan os montes de Rianxo e que realmente a día de hoxe permanecen ocultos para unha maioría, xa que son moi difíciles de atopar.

campinhos1

No punto marcado como Campiños 6, podemos atopar a fermosa mámoa dos Campiños, que segundo se pode ver no catálogo elaborado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza Centro Arqueolóxico do Barbanza foi “explorada no ano 1977 por aficionados vencellados ao Teleclube de Leiro”. Trátase dunha sepultura de corredor curto que sufriu unha espoliación na súa cámara norte, polo que venceu a parede do corredor dese lado.

Trátase dun momumento funerario “construído e utilizado no momento de pleno apoxeo do megalitismo galaico, quizais correspondendo a unha fase asimilable ao Neolítico Final I-Calcocítico Precampaniforme”.

No lugar tamén se atoparon instrumentos como machados, unha aixola (ferramenta que consta dunha prancha de aceiro co bordo cortante duns 10 cm, unida a un mango curto, que se usa para desbastar a madeira), dúas láminas de sílex ou tres puntas de frecha de base triangular ou restos cerámicos.

mamoacampinhos

> Post no blog de cando estivemos alí con Juan Carlos Collazo e con Rabunho Rexeita.

 

Onde se atopa esta imaxe?

8 Dec

imaxe

Alguén sabería dicir en que sitio do Concello de Rianxo se atopa esta imaxe? O único que podemos dicir é que está na fachada dunha casa particular.

Fotos antigas de Asados

3 Dec

Volvemos subir algunhas fotos antigas que forman parte dunha recompilación que comezaron Miguel Somoza Rodríguez e Suso Santos Rodríguez. Primeiro colleron as fotos da familia e despois a das familias dos amigos. “Cando xa tiñamos máis de 200, cedémosllas ó Centro Cultural Simón Varela de Asados para a súa custodia e exposición. Entón os veciños levaron máis fotos e Rafael Antonio Piñeiro continuou o escaneado ata xuntar unhas 400”, segundo nos explicaba o propio Suso Santos. Están no facebook Rianxo dende a Lioira.

Asadelos, Cruceiro Vello anos 50

Asadelos, Cruceiro Vello anos 50

Seguir lendo

A ponte do AVE sobre o río Ulla, en Isorna

2 Dec

Como sabedes, o AVE pasará por Rianxo, en concreto pola zona de Isorna. Para iso, estase a construír unha ponte enorme sobre o río Ulla. Velaquí algunhas imaxes:
ponte1

Seguir lendo

Entrevista ao canteiro Che O Golias

29 Nov

A pedra é unha arte que dende hai séculos conformou o patrimonio galego. Para coñecer algo máis sobre ela e sobre a cantería, falamos con José Fernández Figueira (1963), coñecido como Che o Golias. Este canteiro, recibiu no 2002 o premio Dólmen de Ouro á traxectoria profesional na Arte da Cantería. Ademais, el e a súa familia quedaron inmortalizados polo escritor Anxo Angueira. Lembrade, ademais, que Che é unha das persoas que forma parte da exposición de Ruando Rianxo.

che1

Foto da exposición Ruando Rianxo.

Seguir lendo

Por que aos de Taragoña lles chaman “Cangrexeiros”?

25 Nov

Este verán, grazas ao amigo Carlos Bastos, descubrín a historia de por que aos habitantes de Taragoña tamén lles chaman “Cangrexeiros”.

O caso é que todo vén a raíz dunha historia acontecida por un veciño da parroquia. Este home chamábase Felipe “O Delgado” e vivía na aldea do Burato. Viña dunha familia de cartos, pero foron vendendo aos poucos todo o seu patrimonio, acabandando co capital e quedaron sen un can.

Seguir lendo

Paseo polo patrimonio arqueolóxico rianxeiro

24 Nov

O pasado mes de setembro tiven a grandísima sorte de compartir unha tarde cun dos maiores e mellores coñecedores do patrimonio arqueolóxico de Rianxo, Juan Carlos Collazo e cunha das mentes máis inquietas do Concello, Rabunho Rexeita (ou Tito).

Comezamos no Monte da Pena. No centro da imaxe, esa zona pronunciada e chega de vexetación, esconde unha mámoa, como moitas outras que hai na zona.

paseo1

Seguir lendo

O Campo das Graneiras de Meiquiz (Leiro)

23 Nov

Na aldea de Meiquiz, en Leiro, podemos atopar unha zona de gran concentración de hórreos. É unha especie de eira na que hai localizados un total de oito graneiras.

horreosmeiquiz1

Seguir lendo

A praza de Castelao arredor do ano 1.900

23 Nov

 

Fotos da inauguración de Ruando Rianxo

15 Nov

ruandorianxo1

O pasado sábado 9 de novembro tivemos o grande orgullo de poder presentar no Auditorio a exposición de “Ruando Rianxo”. Moitos fostes os que nos acompañastes nese momento tan especial e tan emotivo para nós. Pero a maior satisfacción foi, sobre todo, poder ver as vosas caras, saber que gustou e que xa queredes Ruando Rianxo 2 🙂

Seguir lendo