Cada fin de ano, cando a xente de Rianxo quería saír para desfrutar do paso da Noitevella ao Aninovo, realmente non se quedaba no Concello porque non había moitas opcións. Ou ben quedabas na casa, cun grupo de amigos ou ías tomar algo a algún dos poucos locais que abrían. Así que a maior parte dos rianxeiros (entre os que me inclúo), tiraban para o concello veciño de Boiro ou ben ata Pontecesures en busca de marcha.
Os escudos de Rianxo debuxados por Castelao
26 DecComo ben sabedes, hais uns días publicamos un post sobre os escudos rianxeiros nos que se baseou Castelao para facer o de “Denantes mortos que escravos”. Aí comentamos que fixo un traballo xunto con Bouza Brei sobre os Escudos de Rianxo, publicado pola revista Nós, no nº 113, de 17 de maio de 1933, px. 77-83. Castelao recolle máis de 30 escudos diferentes.
Grazas ao Museo de Pontevedra, podemos ver eses escudos, algúns dos cales non chegaron ata os nosos días:
O novo aspecto da pasarela sobre o río Te
22 DecComo sabedes, este verán uns vándalos queimaron parte da ponte de madeira que formaba parte do paseo marítimo e que unía O Pazo coa praia da Torre. Por ese motivo, dende aquela permanece pechada ao tránsito. Non obstante, dende Costas están xa a substituír a vella ponte de madeira por unha nova de aceiro. É dicir, que cambiará completamente a estética á que estabamos acostumados ata o de agora. Imos coñecer cando estará lista a nova ponte, o custo e tamén o aspecto que vai ter.
V Trofeo de Xadrez Distribunosa-Concello de Rianxo
26 NovO pasado 31 de agosto, celebrouse na nosa localidade o V Trofeo Internacional Distribunosa-Concello de Rianxo. Nós estivemos alí, polo que temos en fotos algúns deses momentos do encontro e tamén a entrega de trofeos.
Houbo máis de 250 participantes de todas as idades e de moitos lugares (galegos e do resto de España, pero tamén de Francia, Cuba, Serbia, Inglaterra, Uzbekistán, Portugal ou Lituania), o que demostra a capacidade de convocatoria deste trofeo rianxeiro. Ademais, en Rianxo participaron tres Grandes Mestres Internacionais (a nivel mundial hai 1.420).
Cabaré dos 80… anos de Airiños!
13 NovEsta fin de semana pasada estrearon os de Airiños o seu Cabaré dos 80…Anos de Airiños, cun cheo total no Auditorio os dous días e, como non, tamén no día da preestrea.
Fotos de Rianxo estivo alí ese primeiro íia, o da preestrea, para acadar esas tan ansiadas fotografías do grupo de teatro en activo máis antigo de Galiza. Desfrutamos moitísimo desdes 90 minutos cheos de humor, baile, posta en escea…

Fotos da Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo
12 NovO Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizaron a I Carreira Popular Toffe – Concello de Rianxo.
Este evento estivo patrocinado por Cafetería Toffe e Soldesin:hos e colaboraron Cabreiroá, Eroski Center, ASPROMERI, Asteleiros Catoira, Serviocio e Deputación da Coruña.
Baixo unha incesaten choiva os mais de 500 participantes afanáronse en acadar a meta, e pese ó mal tempo tamén algún público se atreveu a presenciar en directo as carreiras.
Aquí vos deixamos un bo feixe de fotos do que foi dando de si a mañá.
Entrevista e fotos da Conserveira de Rianxo
8 NovDentro da exposición de Ruando Rianxo, tamén terá presenza a actividade conserveira do noso Concello. Nese sentido, estivemos na Conserveira de Rianxo e falamos con José Ignacio Rodríguez, o seu director financeiro e administrador. Como na mostra non podemos colgar todas as imaxes que nos gustaría, aquí deixamos colgadas un feixe delas.
Pasarela Castelo da Lúa: Pasarela
27 OutBen, despois de dúas semaniñas editando e repasando as fotos que fixemos na “Pasarela Castelo da Lúa”, aquí tedes un bo feixe de instantáneas. Imos subilas por tandas. Neste caso tedes as da tenda Pasarela, co estilismo da perruquería Obel.
Moitas grazas á ARE, CCA e ao concello de Rianxo. Comentar que aquí están en baixa calidade e con marca de auga, pero que na Asociación de Empresarios de Rianxo teñen todas as imaxes orixais e en alta calidade.









