Arquivo | Rianxo RSS feed for this section

Entrevistamos a José Abuín, da carnicería O Freixo

23 Ago

Na exposición de Ruando Rianxo, que estará no Auditorio no mes de novembro e que conta co apoio do Concello, queremos contar pequenas historias de ducias de rianxeiros. Porque somos unha localidade moi rica en canto a persoas. Con algunhas delas tratamos a miúdo, como é o caso de José Abuín Tubío un carniceiro moi novo (17/07/1987) que sempre nos recibe cun sorrise na praza de abastos de Rianxo. Falamos con el dos hábitos “carnívoros” dos nosos veciños.

jose1

Seguir lendo

Fotos antigas de Rianxo de procesións e actos relixiosos

20 Ago

Queremos agradecer publicamente a Rafael Caamaño, de Disteva, por facernos chegar estas fabulosas fotografías antigas do noso Concello que son un gran documento histórico e social:

procesions procesions (2)

Seguir lendo

Véndese o pazo de Baltar

19 Ago

Buscando imaxes sobre o praia de Tanxil en Google, atopeime con imaxes do pazo de Baltar e, oh sorpresa, descubrín que está á venda. Realmente debe levar bastante á venda, pero eu descoñecía este feito, xa que pensaba que seguía pertencendo á familia Baltar e que pasaban algún que outro día do verán por alí. Pero está visto que non. O que non sei é que pasaría entón coa estatua da Guadalupe feita por Asorey no caso de que se venda a propiedade. Venderase tamén como parte da finca ou a familia Baltar xa se queda con ela para sempre? A min dáme que en Rianxo nunca máis a imos ver de novo 😦

Non sei dende cando está á venda o pazo de Baltar, pero está claro que mínimo un ano ou dous. Facendo buscas pola Rede, vexo que nun portal inmobiliario de Madrid se valorou a propiedade en 6 millóns de euros. Noutros portais pode verse que estivo por 4,7 millóns de euros. E agora mesmo, pode verse en Idealista.com por 4,5 millóns de euros, polo que a rebaixa foi considerable e seguramente consecuencia de que ninguén fixera ningunha oferta ata a data.

Seguir lendo

Como era a praia de Tanxil?

18 Ago

Grazas ao magnífico traballo de Suso Santos Rodríguez e de Miguel Somoza Rodríguez, que comezaron escaeando e recompilando fotos antigas, hoxe podemos ter imaxes para a lembranza coma esta. Como vedes, a praia de Tanxil pouco se parece a de hoxe en día e mesmo se pode apreciar o dique que hoxe en día está cuberto de area.

tanxil

Seguir lendo

Entrevista a Roberto Figueira, escultor de madeira

16 Ago

RobertoFigueira

Ás veces, a liña que separa a un artista dun artesán é moi fina. Este podería ser o caso do rianxeiro Roberto Figueira Martínez (1982), quen non só trata de vivir do que esculpe na madeira, senón que tamén trata de plasmar nas súas creacións gravados tan complicados como os de Gustave Doré. É unha persoa desas que consideras tímida nas distancias curtas, pero con moito de retranca, como se pode ver tanto no seu blog como nas respostas que nos dá nesta entrevista.

Seguir lendo

Entrevista a Sabela Galbán

9 Ago

sabela1

Como cada venres, traémosvos unha nova entrevista a alguén que apecerá a finais de ano na exposición Ruanxo Rianxo, que presentaremos no auditorio. Desta vez, temos a oportunidade de coñecer a Sabela Galbán Rodríguez, que de seguro a tedes visto en máis dunha ocasión tocando coa banda de música, acompañando á charanga NASA ou ben animando cos Carapaus.

Seguir lendo

Actividades culturais en Rianxo para o mes de xullo

17 Xul

Acaba de publicarse a programación cultural en Rianxo para estes meses de calor. Ademais, a foto tan chula que vedes está feita polo meu compañeiro Xoán Antón Castro, a quen tedes a ocasión de ler tamén por aquí. Como sei que igual lle dá pau subir a foto, xa o fago eu 🙂

verancultural1

 

Entre as actividades de xullo, ademais das festas típicas como as de Taragoña, destaca o Festival Antrospinos, do cal falaremos en breve aquí mesmo. Tamén haberá unha feira do libro do 25 ao 28 de xullo e a famosa festa da xouba. Pero mellor botádelle vós mesmos un ollo:

verancultural2

verancultural3

verancultural4

verancultural5

Novidades sobre a festa da Guadalupe: cartel gañador e feirón mariñeiro

17 Xul

O cartel do rianxeiro Lorenzo Méndez foi o escollido como base para anunciar as fests da Guadalupe 2013. Fonte: web da comisión de festas

cartel1

Ademais, os interesados tamén poden inscribirse no X Feirón Mariñeiro “A Feira de 1913” para a Guadalupe 2013 a través de http://www.guadaluperianxo.org/feiron

feiron

Fotos do mercadillo de Rianxo

15 Xul

Todos os mércores e domingos, en Rianxo ten lugar un mercado no que podemos mercar roupa e complementos, ao tempo que lle podemos meter uns churros ao corpo. Velaquí algunhas fotos dun día normal de mercado.

07072013-Mercadillo

 

Seguir lendo

Polémica a conta dun libro sobre Faustino Rey Romero

9 Xul

A finais do mes pasado, en xuño, no Auditorio de Rianxo presentouse un libro sobre Faustino Rey Romero. Xosé Ricardo Losada era o responsable do novo libro, con datos inéditos sobre a figura do cura de Isorna. Ao acto tamén estaba convidado Xesús Santos, responsable da biografía de Faustino Rey que tomaba como base para o seu traballo Xosé Ricardo.

O caso é que dende fotosderianxo.com tamén fomos ao evento e non vimos nada raro. Dicimos que non vimos nada raro, porque despois do acto apareceron en La Voz de Galicia primeiro unha carta de Xosé Ricardo a Xesús Santos, e hoxe mesmo a contestación deste último.

presentacionlibro

Seguir lendo