
Había anos que os vellos de Rianxo non falaban da Santa Compaña, porque non percorría os camiños e corredoiras dos montes das distintas parroquias. A cousa cambiou o sábado pola noite, cando as almas en pena conseguiron un séquito de 200 persoas e deixaron tras de si un rastro de luz.
A Santa Compaña 2016 volveu percorrer Rianxo
27 XuñHelena Villar Janeiro, a escritora que trouxo os Ancares a Rianxo
27 Xuñ
O pasado sábado 25 de xuño, Rianxo vestiuse de gala para homenaxear a nosa veciña e escritora Helena Villar Janeiro. Foi un momento moi emotivo, xa que recibiu da man da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) o seu XII galardón “Escritora na súa terra“, a letra E.
Resultados das eleccións xerais 2016 en Rianxo
26 XuñA primeira conclusión vendo os resultados das eleccións xerais en Rianxo (100% escrutado) é que o PP aumenta sensiblemente o seu número de apoios e a segunda é que hai un certo desencanto da política, xa que baixou a participación en 387 votantes. Tres de cada dez rianxeiros decidiron non acudir ás urnas.
O Partido Popular pasou do 32,18% dos vostos ao 36,41% máis con 162 papeletas máis que hai seis meses, polo que a subida foi moi grande, tendo en conta tamén a baixada da partipación.
O PSOE recupera a súa posición (hai que lembrar que nas anteriores foi a terceira forza), pasando do 22,2% ao 24,96% dos sufraxios e 102 votos máis. Un resultado tamén moi bo, tendo en conta que os socialistas baixaron a nivel estatal
Podemos-En Marea foi o gran perdedor da noite en Rianxo, xa que baixa sensiblemente os seus apoios: do 27,1% ao 23,5%, deixando polo camiño 333 votos.
Outra das sorpresas é que Ciudadanos é o cuarto partido máis votado (da outra vez foi o quinto), pasando do 6,24% ao 6,75%, con 11 votos máis.
E o BNG (partido que goberna en Rianxo), deixa de ser a cuarta forza nas xerais. Foi o outro gran perdedor da noite nas xerais, pasando do 9,6% dos apoios ao 6,28%. Con Podemos-En Marea son as dúas grandes formacións que perden votos. No caso dos frentistas, 252 papeletas.
Se sumamos os votos do centro-dereita (Ciudadanos e PP), vemos que obterían 2.832 apoios, mentres que os grupos de esquerda (PSOE, Podemos e BNG) conseguirían 3.592 votos.
Velaquí os resultados da noite:
E os resultados en decembro de 2015:
San Pedro de Vilas 2016
24 Xuñ
Este sábado 25 de xuño, ten lugar unha das romarías populares máis famosas de Rianxo: o San Pedro de Vilas. Ao mediodía haberá unha comida campestre que é un dos momentos máis bonitos da xornada. Pero xa, dende as 10 da mañá, comezarán as celebracións, con pasarrúas grazas a Río de Anxo.
Homenaxe á escritora (e veciña de Rianxo), Helena Villar Janeiro
22 Xuñ
Aínda que Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá, dende hai anos vive no noso municipio. E en Rianxo será onde a Asoaciación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) lle renda unha homenaxe pola súa traxectoria o sábado 25 de xuño durante todo o día.
Escola de triatlón
21 Xuñ
Un dos deportes de moda nestes momentos é o triatlón, no que se combina natación, ciclismo e atletismo. O caso é que Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2016 contará cunha escola para esta disciplina, centrada nos rapaces de entre 7 e 16 anos.
Segundo comentan dende a Concellería de Deportes de Rianxo, “dun xeito ameno e divertido”, practicaranse estes tres deportes “de xeito alternativo e conxunto, para que os participantes teñan un coñecemento do triatlón como un deporte e non como tres independentes”. Iso si, din que hai que saber xa nadar e montar en bici e ter xa o material para practicar estes deportes.
Os adestramentos terán lugar os martes, xoves e venres, entre a piscina municipal, as pistas poliedeportivas do colexio Castelao e o aparcadoiro do instituto Félix Muriel.
Para inscribirse, hai que chamar ao móbil 661 247 136, ao fixo 981 866 381 ou escribir ao correo deportes@concelloderianxo.gal
Únete á Santa Compaña
21 Xuñ
Este sábado 25 de xuño, pola noite, terá lugar unha iniciativa moi curiosa. Está organizada polo Club Barbantia Roda, coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Rianxo. Sairase ás 23.00 horas de Campo Maneiro (Taragoña) e regresarase ao mesmo lugar despois de andar uns 10 quilómetros.
Antón Castro, de Rianxo en Común, valora o primeiro ano desta lexislatura
18 Xuñ
Esta semana cumpríase xusto un ano dende que se celebrou o primeiro pleno da nova lexislatura en Rianxo. Unha das incorporacións á corporación municipal foi Rianxo en Común, con dous edís. Un grupo novo nun novo tempo sen maiorías no Concello e que nos conta, a través do seu voceiro, Antón Castro, como foi a súa experiencia nestes primeiros 12 meses de lexislatura. Ao tempo que nos indica cales considera que son as prioridades de Rianxo e como ve as Mareas de cara ás eleccións xerais.
O Combo Dominicano, na Bacariza
13 XuñFaltan poucos días para que chegue o verán e, con el, as festas e os bailes. Acabamos de ter festa no Pazo e tamén en Asados. E a cousa non para, porque este sábado 18 de xuño, na Bacariza (Isorna), tiran a casa pola fiestra traendo unha das orquestras de moda: o Combo Dominicano.
Tamén estará a orquestra Samba a partir das 23.00 horas. Pero, sen dúbida, os canarios serán o prato forte, xa que ademais arrastran tras súa unha lexión de fans e amantes dos merengues, bachatas e demais música latina. O dito, apuntade na axenda xa que o sábado pola noite na Bacariza hai festa rachada 😉




