Por culpa do mal tempo, as carrozas de Taragoña tiveron que atrasarse ata hoxe. O tempo, por sorte, estivo de 10, polo que acompañou o evento, onde houbo un alto nivel, con cinco participantes.
Estrea da obra Escenas de Familias
13 Feb
Onte pola noite tivemos a oportunidade de disfrutar da obra Escenas de Familia, da man da directora Esther F. Carro deguas e cunha idea orixinal da Concellería de Benestar Social Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo Rianxo coa colaboración de La Caixa.
Francisco Alcalde: “A nova lei de Acuicultura pon en perigo os sectores que viven do mar”
10 FebFrancisco Alcalde (1973), coñece ben o mar. Antes de ocupar a presidencia no Consello Regulador do Mexillón de Galicia foi produtor. Natural de Taragoña, coñece a importancia que ten o sector para a economía local e costeira de Galicia. Por iso é unha das voces críticas da Lei de Acuicultura, contra a que toda a xente do mar se uníu como unha piña en Fuenteovejuna.
Día do deporte choqueiro 2016
9 Feb
Onte pola tarde, no pavillón polideportivo de Rianxo, celebrouse o día do deporte choqueiro, con hinchables e obradoiros. Aquí algunhas imaxes do que deu de si a xornada.
Entroido 2016 no Araño
7 FebA pesar de que onte fixo un día de cans e de que no centro de Rianxo se suspenderon as actividades relacionadas co entroido por culpa do mal tempo, no Araño seguiron co programa previsto ao ser dentro do centro sociocultural. E a pesar da chuvia torrencial e do vento forte que soprou a primeira hora da tarde, numerosos veciños acudiron á cita. Víase que había ganas de desfrutar do entroido, e non só foron do Araño, senón que dende outras parroquias achegáronse a pasar unha tarde entretida en familia.
Fotos do venres de entroido 2016 en Rianxo
6 FebOnte pola noite as Jualalupeñas organizaron un evento que reuníu a centos de mozos en Rianxo. Ademais de dous DJ, actuaron os noieses Monoulious DOP e houbo premios para os mellores difraces.
Entroido no colexio de Asados e no de Rianxo
5 FebHoxe foi un día grande en moitas escolas, xa que despois de semanas de traballos os rapaces puideron desfilar lucindo os seus mellores disfraces. Velaquí os de Asados e de Rianxo.
IV Marcha BTT Concello de Rianxo
3 FebXa está a piques de chegar un dos eventos deportivos que máis xente reúne en Rianxo: a marcha BTT. Terá lugar este 21 de febreiro e sorprende como ano a ano vai a máis e iso que só leva 4 anos de vida. Nesta ocasión pódense inscribir 600 persoas na ruta de bici de montaña (con tres percorridos). Como novidade, este ano haberá unha andaina na que se poden apuntar 100 competidores.

Representanción de Os vellos non deben de namorarse en Rianxo
1 Feb
O pasado sábado 30 de xaneiro tivo lugar a presentación no auditorio rianxeiro da obra de marionetas Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
Todo preparado para o entroido 2016 en Rianxo
31 XanUn ano máis, chegan unhas festas que nos encantan: os carnavais. E no noso concello non nos imos aburrir, xa que hai actividades e actividades.
Venres 5 e sábado 6: concurso de disfraces en Rianxo.
Unha carpa na praza de Castelao dará a benvida a don Carnal xa o venres. A Comisión de Juadalupeñas de Rianxo organiza un evento no que ademais dun concurso de disfraces de temática choqueira haberá un concerto pop e actuarán DJ Peri e DJ Parru.
O sábado haberá outro concurso de disfraces baixo o lema da volta á infancia. Poden participar os veciños de 40 anos en adiante.

Sábado 6: concurso de disfraces no Araño.
A Asociación de Veciños do Araño tamén organiza un concurso que terá lugar no centro sociocultural da parroquia. Haberá agasallos para todos os nenos, premios para os mellores choqueiros (pequenos e maiores), cantina, música tradicional, inchables e filloas gratis.

Domingo 7: festa do cocido.
Ademais dos postres típicos destas datas, non podía faltar un bo cocido que senta que mete medo. Despois da comida, pola tarde haberá inchables (16.30h) e concertos (20.30h) a cargo dos Carapaus e de Habelas Hainas.

Luns 8: deporte choqueiro.
Ás 16.30 horas, no pavillón de deportes, haberá inchables e obradoiros para os máis cativos.
Martes 9: día das crianzas e comparsas.
Pola tarde, de novo os máis pequenos terán xogos, contacontos, discoteca infantil e recibirán agasallos. Ás 18.00 terá lugar o show de Peter Punk e ás 19.00 será o concurso de comparsas, no que actuará a ruada Marajota e Media. As cancións deberán ser de temática rianxeira. Haberá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150 euros e un terceiro cunha cesta de produtos típicos de entroido. Bases do concurso.

Mércores 10: o enterro do Toribiño.
Todo o bo remata. E nesta ocasión o entroido di adeus con pena, para deixar sitio a dona Cuaresma. No funeral poderá participar quen queira e hai que ir disfrazado de viúva, garda civil, cura ou secretario.

Sábado 13: concurso de carrozas.
A pesar de que se podía pensar que ata o 2017 xa nos despedíamos do entroido, en Taragoña teñen preparado un prato forte: o concurso de carrozas. Sairán pola tarde dende o adro da igrexa ata Campos de Pazos. As mellores terán premios en metálico. Ademais, haberá música e os pequenos terán inchables.





