A antiga fonte do Pazo dos Calotes

2 Xul

Grazas ao gran Rabunho Rexeita, descubrimos que pegada aos Pazo dos Calotes (O Araño) había unha fonte preciosa:

fonte

 

Seguir lendo

Impresións políticas sobre o peche da escola da Vacariza

28 Xuñ

Como sabedes, a escola unitaria da Vacariza (Isorna) igual pecha, co que iso implica para unha zona rural e para os nenos do lugar. Ademais de falar cos pais e cos cativos que estudan no centro, quixemos preguntarlles tamén aos políticos locais a súa opinión.

Seguir lendo

Agresión veciñal en Isorna

28 Xuñ

video

Fotos antigas de profesores e alumnos

27 Xuñ

Na nosa páxina do facebook, Marisa Otero compartiu unhas fotos antigas dos seus pais, que eran mestres. Sirva tamén de homenaxe ao pai de Marisa, Jesús Otero, que faleceu esta semana.

marisa1

Escola de nenos de Taragoña en 1963. O mestre é Jesús Otero. Foto propiedade de Marisa Otero

marisa2

Arredor do ano 1966. Foto propiedade de Marisa Otero

marisa3

Varios mestres en Rianxo. Arriba á dereita, Jesús Otero. A mestra de pelo branco chamábase Doña Lola. Abaixo á esquerda, Marisa López. Foto propiedade de Marisa Otero

marisa4

Os mestres de Rianxo na estrada do colexio en 1967. Jesús Otero e Marisa López son os dous de abaixo á esquerda. Doña Lola é a de pelo branco.
Foto propiedade de Marisa Otero

Non ao peche da escola unitaria da Vacariza

26 Xuñ

Este é un blog sobre Rianxo e sobre as súas xentes. Así que nos gusta ver cales son os problemas dos veciños e estar ao seu carón. Dese xeito, o día 24 de xuño, coincidindo coa festividade de San Xoán e da festa de fin de curso na escola unitaria da Vacariza, aproveitamos para achegarnos ata Isorna e ver como están os ánimos despois de que se anunciara o peche desta escola.

Atopamos a numerosas persoas entre nais e pais, avós e avoas, e un bo feixe de nenas e nenos que se ofreceron gustosamente a poñerse diante da cámara e dicir unhas palabriñas do que pensan do peche da súa escola.

Image

 

Seguir lendo

Cando Taragoña e Asados tamén eran municipios independentes

23 Xuñ

Grazas outra vez ao noso amigo Rabunho Rexeita, descubrimos un novo e interesante episodio da historia de Rianxo: cando realmente non había un concello, senón tres. Pois si, amigos, pois Taragoña e Asados eran municipios que non tiñan nada que ver con Rianxo, agás que os límites xeográficos. Rianxo e Asados pertencías ao partido xudicial de Padrón, mentres que Taragoña pertencía ao de Noia.

Sorprende saber tamén que o concello máis grande era no seu día o de Asados, xa que formaban parte del as actuais parroquias do Araño, Leiro e Isorna. Vamos, que a día de hoxe a cousa podía ser tal que así:

rianxo_concellos

 

Seguir lendo

Festa de San Xoán 2013

19 Xuñ

Chega a noite máis máxica do ano, a máis curta e a que nos deixa cheirando a roupa 🙂 O San Xoán, coas súas cacharelas, o churrasco e as sardiñas asadas tamén se celebra en Rianxo, aínda que agardemos que o tempo acompañe.  Velaquí algunhas das actividades que podes ter.

En primeiro lugar, en Buhía, no Araño, organízase a tradicional festa de San Xoán. Hai que ter en conta que na Hermida teñen unha capela na honra deste santo e todos os anos organizan unha celebración. Hai misa e dúas orquestras pola noite:

buhia

Foto sacada por Rabunho Rexeita

 

Ao día seguinte, o 23 de xuño a partir das 22:00 horas, a Asociación Antrospinos organiza unha festa na praia da Torre de Taragoña. Non faltará a comida e mesmo haberá unha barra de bebidas e actuación musical:

antros

Actividades de lecer para o verán 2013

19 Xuñ

Dende o 18 de xuño xa está aberto o prazo para as actividades de verán do concello de Rianxo.

Así que os pais e as nais do concello, polo menos xa teremos onde ter entretidos os cativos no periodo estival.

Este ano, tráennos diversos trocos que non tiñamos outros anos:

  • MÁIS TEMPO: o Campamento Urbano vai ter actividade cinco días á semana, triplicando o horario do ano anterior.
  • MÁIS IDADES: amplíase o espectro de idades, pois vai dirixido a nenos e nenas nados entre o 2001 e 2009.
  • MÁIS PRAZAS: ofértanse 150, podendo ampliarse ata as 200.
  • MÁIS PROFESIONAIS: 10 monitores con formación específica, aos que hai que sumar os monitores do Servizo de Deportes.
  • MÁIS ACTIVIDADES: actividades deportivas, obradoiros gastronómicos, flashmob, stopmotion, música e bailes, expresión corporal, obradoiros…

O fío condutor será unha VIAXE ARREDOR DO MUNDO, con inicio e remate en Rianxo, e que pasará por tódolos continentes.

Aquí o resumo de toda a programación dispoñible: www.concelloderianxo.es/avoltaaomundo

Tamén, e para os que lles guste a música, a Banda Escola de Música de Rianxo, vai dar durante os meses de xullo e agosto uns obradoiros musicais polas parroquias de Rianxo, Taragoña e o Araño , orientados a rapaces e rapazas de entre 3 e 7 anos.

Festa en San Pedro de Vilas 2013

18 Xuñ

O próximo 29 de xuño, terá lugar en Asados a festa de San Pedro de Vilas.

Como nos indican dende a organización, trátase dunh “romaría pensada para todas persoas”, xa que para os maiores “hai misa cantada e dúo moi bailable despois de comer”. Para os pequenos da casa hai “un hinchable gratuíto e animación de 14 a 18 horas”. E para os que teñen ganas de marcha, hai “concertos nocturnos con dous grupos rock e dous DJ”.

Cartel_Vilas_2013

Que facía o cura de Rianxo durante a procesión do Corpus?

17 Xuñ

Realmente tampouco é que don Fernando, o cura de Rianxo, fixera unha cousa doutro mundo. Pero o que si choca é quen o fai e en que situación.

Sempre se comenta que os máis novos están pendentes do seu “mancontro”, que non fan máis ca whatsappear, estar no twitter ou estar hipnotizados por esa pequena pantalla chamada móbil no momento menos oportuno, como na hora da comida en familia ou ben no instituto, durante as clases.

Pero visto o visto, a dependencia do móbil afecta a todo o mundo. E aquí temos a demostración gráfica disto: o cura de Rianxo, en plena procesión do Corpus Christi 2013, falando polo móbil. Non sabemos con quen falaría nin se o tema era importante ou non, pero o certo é que se trata dunha imaxe máis ca curiosa e por iso a queríamos compartir con todos vós.

Cremos que polo de agora non ten whatsapp nin facebook, pero todo se andará 🙂

cura_mobil