Así foi o feirón mariñeiro de Rianxo pola mañá. En breve as fotos pola tarde.
Festas da Guadalupe de Rianxo 2016: os fogos artificiais
12 SetAínda que o ceo estivo algo encapotado, por sorte non houbo néboa e puidemos desfrutar dos fogos artificias o domingo á medianoite. O que si, foron moitos os rianxeiros que no medio do espectáculo pirotécnico levaron un bo susto por unha detonación un tanto estraña. Foi un estrondo máis grande do acostumado, que procovou que moitos deran un chimpo e incluso se comentaba que ao final non soaron as tres bombas do final, polo que non se sabía moi ben se estas estouparon antes do tempo, pero no propio peirao, en lugar de no ceo.
Fotos e vídeos das Festas da Guadalupe 2016: a procesión do domingo
11 SetHoxe, domingo, foi o día grande das festas, coa misa na honra da Virxe da Guadalupe e a posterior procesión marítima. Esta última estivo en perigo, pola néboa imperante na ría. Finalmente houbo sorte e foi levantando aos poucos, ata quedar un día marabilloso.
Do porto de Leiro ata o de Rianxo, en kayak
28 AgoGrazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.
XIII Bandeira Concello de Rianxo de Traiñeiras
30 Xul
Maña, 31 de xullo, ás 11.30 horas, terá lugar no peirao a XIII Bandeira de Traiñeiras “Concello de Rianxo”. Os locais están de segundos na liga LGT-B 2016, polo que están a nada de ascender e precisan dos ánimos dos veciños para sacar un bo resultado e seguir con aspiracións. Así que mañá non deixes de animar ao Club de Remo de Rianxo.
Zona da Zanfona 2016
29 Xul
Rianxo convértese estes días no epicentro mundial da zanfona grazas ao festival internacional Zona da Zanfona, organizado por aCentral Folque. Van xa 12 edicións deste evento centrado neste particular instrumento chamado zanfona, onde hai cursos, bailes, animación na rúa, encontros con músicos e concertos.
Hoxe, venres 29 xullo, na praza Rafael Dieste actuarán Os Cempés ás 21.30h. Mañá sábado, á mesma hora e no mesmo lugar, actúan
Anxo Pintos e Obal. E o domingo, ás 12 do mediodía, tamén na praza de Rafael Dieste, haberá unha xuntanza de escolas de zanfona de Galicia.
A Manuela, vítima dun acto vandálico
21 XulHai xusto tres anos, un 22 de xullo de 2013, uns vándalos queimaban parte da ponte de madeira que vai sobre o río Te ata a praia da Torre. E hoxe, un 21 de xullo, temos que enterarnos de novo de que os vándalos atacan de novo o patrimonio público. Deben pensar que ao ser de todos non é de ninguén ou se pode facer o que se queira. Dende logo non deixa de ser un acto de ignorancia, no que non só se dana o que é público, senón que se dana o que é de todos.
Fotos de San Pedro de Vilas 2016
28 Xuñ
Este ano foi a vez que máis xente vimos en San Pedro de Vilas. E non é que noutras ocasións houbera pouca xente de festa, pero é que se nota que se cada vez está a coller máis sona esta romaría que se celebra no monte de Asados. É un gusto poder pasar un día enteiro tirado na herba, bebendo, comendo e escoitando música. Así que darlle a noraboa de novo aos organizadores polo traballo e por conseguir que non se perdan tradicións tan fermosas, sans e que unan tanto á xente coma esta.
A Santa Compaña 2016 volveu percorrer Rianxo
27 Xuñ
Había anos que os vellos de Rianxo non falaban da Santa Compaña, porque non percorría os camiños e corredoiras dos montes das distintas parroquias. A cousa cambiou o sábado pola noite, cando as almas en pena conseguiron un séquito de 200 persoas e deixaron tras de si un rastro de luz.
Escola de triatlón
21 Xuñ
Un dos deportes de moda nestes momentos é o triatlón, no que se combina natación, ciclismo e atletismo. O caso é que Programa Actividades Deportivas Municipais Verán 2016 contará cunha escola para esta disciplina, centrada nos rapaces de entre 7 e 16 anos.
Segundo comentan dende a Concellería de Deportes de Rianxo, “dun xeito ameno e divertido”, practicaranse estes tres deportes “de xeito alternativo e conxunto, para que os participantes teñan un coñecemento do triatlón como un deporte e non como tres independentes”. Iso si, din que hai que saber xa nadar e montar en bici e ter xa o material para practicar estes deportes.
Os adestramentos terán lugar os martes, xoves e venres, entre a piscina municipal, as pistas poliedeportivas do colexio Castelao e o aparcadoiro do instituto Félix Muriel.
Para inscribirse, hai que chamar ao móbil 661 247 136, ao fixo 981 866 381 ou escribir ao correo deportes@concelloderianxo.gal





