Cúmprense 50 días dende a Plataforma Centro de Día para Rianxo se pechara no Concello reivindicando a necesidade deste servizo para a nosa localidade. Nese sentido, quixemos saber de primeira man as impresións do equipo de goberno sobre este tema e sobre os servizos sociais en Rianxo.
“Se teñen centro de día Dodro, Boiro, A Pobra e Ribeira, porque non Rianxo?”
26 AgoUnha das reivindicacións históricas de Rianxo é a creación dun centro de día. Tanto é así que no concello se creou a Plataforma de Rianxo polo Centro de Día. Falamos con Concha Sánchez, unha das promotoras e ata uns días voceira desta asociación.
Presentación de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía”, de Axeitos
23 AgoO pasado sábado, 19 de agosto, presentouse en Rianxo o último libro do noso veciño Xosé Luís Axeitos. O membro da Real Academia Galega estivo acompañado polo alcalde, Adolfo Muíños, polo director de Xerais, Manuel Bragado, e polo escritor Anxo Angueira. Ademais, moitos veciños estiveron no Auditorio para coñecer de primeira man a biografía do chamado poeta do mar, titulada Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.
Duarte Galbán e Román Castaño: “Queriamos ensinar Rianxo e transmitir os sentimentos que nos fan rianxeiros, diferentes ao resto”
1 AgoO 17 de xullo de 2017 pasará á pequena historia de Rianxo como a data na que unha parte diso que somos como pobo se recolleu nun documental. Ese día, non collía un alfinete na Praza de Rafael Dieste para ver Cousas de Rianxo. Trátase dunha obra audiovisual feita para a Comisión de Festas do Carme, na que Duarte Galbán e Román Castaño, xunto a outros profesionais, puxeron moitas horas de traballo e, sobre todo, moito cariño. Duarte e Román cóntannos nesta entrevista escrita como foi o proceso de creación e, sobre todo, a emoción que supuxo para moitos veciños este documental.
Fotos e crónica do II Trail Subida Pico Muralla “Concello de Rianxo”
25 XulO 23 de xullo tivo lugar o II Trail Subida ao Pico Muralla, organizado polo Concello. En Rianxo déronse cita preto de 120 participantes. Saíron de Setefogas polo paseo marítimo ata o paseo do río Te, para chegar a preto do Pozo Bastón e, dende aí, subir e subir ata o Pico Muralla. Nin máis nin menos que 670 de desnivel, un exercicio non apto para todas as pernas.
Por que levar un neno a un dos colexios rurais de Rianxo?
7 XulNo noso concello, as escolas de Cuvide, do Cruceiro, de Outeiro, da Capela, do Pazo, de Rañó, de Abuín e de Quintáns, forman parte dos Colexios Rurais Agrupados de Rianxo. A ANPA Irmáns Insua que aglutina estes colexios, lanzou un vídeo co de “animar as familias a matricular os seus fillos nas escolas do CRA, xa que algunhas debido, á baixa matriculación teñen o risco de pechar. Algo que sería unha pena”.
Hai que lembrar que lembrar que no 2013 pechou a da Vacariza, antes pechou a de Buía e hai unhas semanas coñeciamos a triste noticia do peche de varias escolas en Galicia, algunhas delas con moitos nenos.
Nesta ocasión as nais e pais cóntannos que tal a súa experiencia nestas escolas, que nada teñen que envexar a outras grandes.
Cales son os hórreos máis longos de Galicia
3 XuñO programa “Medias verdades” da TVG analiza que hai de verdade ou de media verdade niso de que o hórreo de Carnota é o máis longo do mundo. O resultado xa o sabiamos os de Rianxo, que contamos con dúas graneiras entre as máis grandes da comunidade: a do Araño e a de Rianxiño. Pincha na imaxe para ir ao vídeo.
Fotos e crónica do concerto do XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo
21 Mai
Non era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.
Comezo da procesión do Santo Enterro en Rianxo (2017)
15 AbrVelaquí tedes a saída da igrexa da procesión do Santo Enterro na Semana Santa de Rianxo.
Os Rockensteins
20 Mar
O doutor Rockenstein, é un melómano que ve como a música rock está a deixar de existir. Para remedialo, tenta dar vida a un ser que o axude a arranxar isto. Mestura na súa máquina un disco dos Kiss, un rizo de Tina Turner, un calcetín do cantante de AC/DD… e consegue, non un ser, senón tres cos que trata de acabar co mal momento do rock.





