Arquivo | xente RSS feed for this section

Photocall da Pasarela Castelo da Lua 2013

21 Out

Ccomezamos coa subida de fotos da Pasarela Castelo da Lúa 2013.

Imos primeiro coas fotos do Photocall, patrocinado pola cafetería Toffe e o cal tivemos o gusto de cubrir fotograficamente.

Aí vos quedan as fotos que fixemos!!! Clicade enriba de cada imaxe para velas máis grandes.

srgb-9 copia srgb-8 copia

Seguir lendo

Entrevista a Nieves Vicente, empresaria agrícola e membro do Pleno da Corporación Municipal

18 Out

Rmeria Nieves Castro Barbudo 175

Sorprende saber que cando un se ergue polas mañás, Nieves Vicente Varela (O Araño, 1967) xa leva horas esperta, traballando, e seguramente a collamos camiño a Negreira, Santa Comba, Camariñas… vender os produtos que ela mesma cultiva. O traballo dos empresarios agrícolas non ten horario. Non se rexe polo sol, nin moito menos, xa que a maior parte dos días se erguen antes de que canten os galos e a noite os colle aínda no choio. Falamos con ela do seu día a día e tamén da labor que fai como membro do Pleno da Corporación Municipal de Rianxo. Nieves estará tamén dentro da exposición de Ruando Rianxo que inauguraremos o mes que vén no Auditorio.

Seguir lendo

Entrevistamos a José Abuín, da carnicería O Freixo

23 Ago

Na exposición de Ruando Rianxo, que estará no Auditorio no mes de novembro e que conta co apoio do Concello, queremos contar pequenas historias de ducias de rianxeiros. Porque somos unha localidade moi rica en canto a persoas. Con algunhas delas tratamos a miúdo, como é o caso de José Abuín Tubío un carniceiro moi novo (17/07/1987) que sempre nos recibe cun sorrise na praza de abastos de Rianxo. Falamos con el dos hábitos “carnívoros” dos nosos veciños.

jose1

Seguir lendo

Entrevista a Roberto Figueira, escultor de madeira

16 Ago

RobertoFigueira

Ás veces, a liña que separa a un artista dun artesán é moi fina. Este podería ser o caso do rianxeiro Roberto Figueira Martínez (1982), quen non só trata de vivir do que esculpe na madeira, senón que tamén trata de plasmar nas súas creacións gravados tan complicados como os de Gustave Doré. É unha persoa desas que consideras tímida nas distancias curtas, pero con moito de retranca, como se pode ver tanto no seu blog como nas respostas que nos dá nesta entrevista.

Seguir lendo

Entrevista a Sabela Galbán

9 Ago

sabela1

Como cada venres, traémosvos unha nova entrevista a alguén que apecerá a finais de ano na exposición Ruanxo Rianxo, que presentaremos no auditorio. Desta vez, temos a oportunidade de coñecer a Sabela Galbán Rodríguez, que de seguro a tedes visto en máis dunha ocasión tocando coa banda de música, acompañando á charanga NASA ou ben animando cos Carapaus.

Seguir lendo

Begoña, da ludoteca Agarimo: “Los niños son lo mejor que hay”

26 Xul

begonha2

A pesar dos seus 24 anos, Begoña Tubío Barreiro, é toda unha emprendedora. Non só se decidiu a montar o seu propio negocio en Rianxo, senón que ademais o fixo pensando naquilo que lle gustaba: estar cos máis pequenos. Así que agora é un pouco a nai de 39 cativos, cos que xoga, aos que coida e que aos que axuda a ir tendo máis autonomía. Imos coñecela un pouco máis a través desta entrevista.

Seguir lendo

Entrevista a Rabunho Rexeita

12 Xul

De seguro que xa coñeces Rabunho Rexeita, unha páxina no facebook na que hai un feixe de fotos antigas do Araño e de Rianxo, onde te podes enterar de historias, curiosidades, información sobre o patrimonio rianxeiro, vídeos antigos… Vamos, que día a día é unha páxina de referencia para coñecer e redescubrir todo o que está ao noso arredor. Pero como somos curiosos, tamén nos preguntamos quen está detrás de Rabuno Rexeita, quen é esa persoa que cada día alimenta as nosas mentes con novas e interesantes cousas sobre Rianxo e O Araño. Hoxe imos descubrilo neste blog a través de fotos e dunha entrevista.

quene

Seguir lendo

Antón Alcalde, un mozo compositor rianxeiro con talento e moitos premios

5 Xul

Ás veces descoñecemos todo o talento que teñen os nosos veciños de Rianxo. Así que dende aquí nos gusta falar con eles e sacarlles fotos, para que teñades claro as historias que hai detrás de cada un deles. É o caso de Antón Alcalde Rodríguez, que pese á súa mocidade (03/07/1992)  non só toca un feixe de instrumentos de percusión e mesmo outros de vento, senón que é un gran compositor. Imos coñecelo un pouco mellor.

AntonLosada

Seguir lendo

Os nosos pequechos na rede

12 Xuñ

Hoxe parécenos interesante deixar unha serie de blogs e enlaces na internet dos colexios e centros nos que están matriculados os nosos fillos.

A verdade é que moitas veces non nos paramos a apreciar o traballo que tanto educadores e rapaces fan e colgan nos seus blogs públicos, xa sexan da escola, da biblioteca ou dos departamentos específicos de cada centro educativo.

Aquí vos deixamos uns cantos que fomos atopando pola rede.

– O do Brea Segade en Taragoña:

http://www.blogoteca.com/bbs/

http://ticsbreasegade.wix.com/cepbreasegade

http://www.edu.xunta.es/centros/cepbreasegade/

 

– O da biblioteca do colexio Castelao de Rianxo:

http://bibliotecacastelao.blogspot.com.es/

http://centros.edu.xunta.es/ceiprodriguezcastelao/

– O do instituto Félix Muriel en Rianxo:

http://www.edu.xunta.es/centros/iesfelixmuriel/

– O do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Félix Muriel:

http://www.bicodaria.com/

– O do colexio de Asados:

http://www.ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipanamariadieguez/

– O do CRA de Rianxo:

http://www.edu.xunta.es/centros/crarianxo/

Tamén vos deixamos o enlace á Biblioteca Municipal de Rianxo, que aínda que este blog non está feito polos rapaces do concello, ben seguro que vos gusta botarlle un ollo ó traballo que fai Sofía neste rinconciño tan acolledor da vila, aquí o seu blog:

http://bibliorianxo.wordpress.com/

Por último, pedirvos que se sabedes dalgún blog máis que sexa interesante no concello, e claro está feito polos nosos cativos (que ben seguro que os haberá), nolo fagades saber cun comentario neste mesmo post, ou ben na dirección de mail que temos habilitada para este blog que é fotosderianxo@gmail.com

Corpus 2013

3 Xuñ

Coma cada ano, os rianxeiros e rianxeiras encargáronse de confeccionar as alfombras florais, mágoa que este ano por mor da choiva que tivemos estes meses atrás non foron tan coloridas coma outros anos anteriores.

Como en edicións anteriores, xa dende hai uns meses mulleres e homes da vila (cada vez vense máis homes nestas tarefas), encargáronse de recoller, cortar o verde e poñer a secar as flores que ían adornar as rúas da vila.

E o desenlace poidémolo ver este domingo coas alfombras do día de Corpus, no que este ano como novidade fixeron tamén alfombras por detrás do adro da igrexa.

Image

 

Image

As da Praciña.

Image

 

Image

Por diante do consistorio vello.

Image

Image

Na praza de Rafael Dieste.

Image

Na rúa de Abaixo.

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Na praza de Castelao.

Image

Image

E na rúa do Medio.

Image

Xa ben entradiña a tarde, foron numerosos os fieis e curiosos que se achegaron para asistir, observar e mesmo afotar a procesión, cos nenos e nenas que fixeron a comuñón á fronte.

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Agardemos que para o ano que vén o tempo non sexa tan malo para as flores, sobre todo para as hortensias que tanto en falta se botaron nas rúas de Rianxo.

Xa por último, na praza de Castelao e pola noite, encargáronse de poñer o broche final ó íia os da orquestra Abanico, que ben seguro fixeron bailar e troular ós que aguantaron até altas horas da madrugada.

Parabéns ás xentes que tanto traballo e tantas horas pasaron para que a vila lucira tan fermosa.