Hoxe recompilamos neste post unha serie de fotos antigas do noso concello con grupos de persoas.


Onte pola tarde, no pavillón polideportivo de Rianxo, celebrouse o día do deporte choqueiro, con hinchables e obradoiros. Aquí algunhas imaxes do que deu de si a xornada.
Hoxe foi un día grande en moitas escolas, xa que despois de semanas de traballos os rapaces puideron desfilar lucindo os seus mellores disfraces. Velaquí os de Asados e de Rianxo.
Xa está a piques de chegar un dos eventos deportivos que máis xente reúne en Rianxo: a marcha BTT. Terá lugar este 21 de febreiro e sorprende como ano a ano vai a máis e iso que só leva 4 anos de vida. Nesta ocasión pódense inscribir 600 persoas na ruta de bici de montaña (con tres percorridos). Como novidade, este ano haberá unha andaina na que se poden apuntar 100 competidores.

Resultados das mesas electorais ao Congreso:
Rianxo. Distrito 1, sección 1, mesa A:
En Marea: 164
PP: 122
PSOE: 122
Nós Candidatura Popular: 70
Ciudadanos: 53
Pacma: 2
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 1
Rianxo. Distrito 1, sección 1, mesa B:
En Marea: 195
PP: 173
PSOE: 151
Nós Candidatura Popular: 63
Ciudadanos: 43
Pacma: 2
UPyd: 1
PT: 1
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 1
Rianxo. Distrito 1, sección 3, mesa A:
En Marea: 115
PP: 113
PSOE: 74
Nós Candidatura Popular: 35
Ciudadanos: 20
Pacma: 3
UPyd: 1
PT: 1
Solidaridad y Autogestión: 1
Com. de Galicia: 3
Rianxo. Distrito 1, sección 2, mesa A:
En Marea: 106
PP: 102
PSOE: 42
Nós Candidatura Popular: 70
Ciudadanos: 42
Pacma: 4
Solidaridad y Autogestión: 1
UPyD: 1
Recortes cero: 1
Comunistas da Galiza: 2
Rianxo. Distrito 1, sección 2, mesa B:
En Marea: 92
PP: 129
PSOE: 89
Nós Candidatura Popular: 44
Ciudadanos: 31
Pacma: 5
Solidaridad y Autogestión: 1
UPyD: 2
Recortes cero: 1
Comunistas da Galiza: 5
Taragoña. Mesa A:
En Marea: 140
PP: 139
PSOE: 88
Nós Candidatura Popular: 23
Ciudadanos: 15
UPyD: 6
Pacma: 4
PT: 1
Comunistas da Galiza: 1
Taragoña. Mesa B:
PP: 117
En Marea: 110
PSOE:86
Nós Candidatura Popular: 18
Ciudadanos: 26
UPyD: 6
Pacma: 2
PT: 2
Comunistas da Galiza: 1
Araño. Mesa A:
PP: 161
En Marea: 115
PSOE: 103
Nós Candidatura Popular: 35
Ciudadanos: 28
Pacma: 3
Recortes cero: 1
PT: 1
Araño. Mesa B:
PP: 115
PSOE: 99
En Marea: 98
Nós Candidatura Popular: 32
Ciudadanos: 21
Pacma: 3
UPyD: 2
Comunistas da Galiza: 2
PT: 1
Asados. Mesa B:
PP: 137
En Marea: 117
PSOE: 93
Nós Candidatura Popular: 60
Ciudadanos: 18
Pacma: 3
Com. de Galicia: 2
UPyD: 1
PT: 1
Leiro:
PP: 206
Marea: 159
PSOE: 132
Nós Candidatura Popular: 63
Ciudadanos: 30
Recortes cero: 3
VOX: 3
Com. de Galiza: 1
Isorna:
PP: 213
PSOE: 72
En Marea: 59
Nós Candidatura Popular: 25
Ciudadanos: 22
UPyD: 2
Pacma: 1
Actualización 19:05h: A porcentaxe de participación segue a ser menor que á de hai catro anos. No segundo avance ofrecido polo Ministerio de Interior, os datos indican que votaron 5.674 rianxeiro (58,94%), fronte aos 5.947 veciños (60,27%) das eleccións xerais do 2011. Isto contrasta cos datos a nivel estatal, onde a participación é algo superior aos anteriores comicios.
Actualización 17:42h: De momento menor participación que nas anteriores eleccións. No primeiro avance, votaron 3.216 rianxeiros, o 33,41% dos chamados a votar. Unha participación un punto menor á de 2011, o que se traduce en 200 votos menos polo de agora. Á mesma hora das anteriores xerais, votaran 3.415 veciños (34,61%).
Hoxe iremos dando conta do que se vota en Rianxo nestas eleccións ao Parlamento e ao Senado estatais. O voto varía segundo o tipo de eleccións, xa que a xente non vota igual nunhas xerais, que nunhas autonómicas ou unhas municipais.
De feito, aínda que xeralmente se di que Rianxo é de esquerdas polos gobernos locais que tivo (BNG e antes PSOE), nas últimas eleccións para escoller presidente do Goberno, no noso concello o partido con máis votos foi o PP:

Pola contra, no ano 2008 (cando saíu elixido Zapatero), os socialistas foron a formación con máis papeletas:
Mentres, o BNG mantivo a liña de terceiro partido máis votodo, con con 1.400 sufraxios. Este ano cremos que terá menos, debido á chegada de “En Marea” (onde se agrupa Anova, EU e Podemos), e tamén a que hai outros novos partidos emerxentes como Ciudadanos. Aínda que este feito afectará a todos os partidos, en canto que o voto estará máis repartido e suponse que non haberá maiorías absolutas, deixando os escanos do Parlamento moi repartidos.
Mañá domingo, ás 10 da mañá, está convocada unha marca a pé que partirá de Isorna e chegará a Rianxo sobre as 12 horas. Trátase dunha camiñata en protesta pola eliminación do autobús que ía dende a Vacariza ata o instituto de Rianxiño.
Como podemos ler no blog Loqueyotediga, partirase da antiga escola da Vacariza para amosar o enfado por esta medida dentro da “política de recortes” levada a cabo pola Consellería de Educación, facendo fincapé en que de novo o rural se ve afectado.
Quen o desexe pode unirse á marcha para apoiar o obxectivo, que non é outro que os rapaces non teñan que realizar 45 minutos de ida e outros 45 de volta nunha viaxe que cansa aos estudantes, porque os pais destes mozos non se resignan a “que este recorte sexa definitivo”.
O Día de Defuntos é unha xornada moi especial para moita xente. É un día para ir ata os cemiterios, rezar aos que xa non están e lembrar o seu recordo. Centos de rianxeiros pasaron hoxe polos diferentes camposantos da nosa localidade, que contaban cunha estampa pouco habitual, con moitas luces e flores.
Unha das librarías máis antigas de Galicia está en Rianxo. En concreto é a libraría Cándido. Hai documentos que a data de 1904, aínda que se cre que comezou a funcionar antes. Iso si, daquela chamábase “Establecimientos La Colmena” e tiña fíos, agullas e de todo un pouco.
Alí estivo a primeira imprenta de Rianxo, que era manual.
Un dos momentos máis emotivos da Guadalupe é cando todos os veciños se xuntan para tocar e cantar no feirón mariñeiro. Nesta ocasión o punto de encontro foi a praza da Manuela, onde as pezas non pararon de soar durante máis de media hora.
Velaquí a canción da Rianxeira e de Rianxo Pájaro Pinto:
E aquí tedes outra peza rianxeira que se vivíu moito, A Camposa, dos Rosales: