Nervios, risas, momentos emotivos, música e moita simpatía. O pregón co que Eva Iglesias daba comezo oficialmente as festas da Guadalupe 2017 tivo de todo. E, dende logo, deixou o listón moi alto para as próximas edicións desta celebración.
“Todos en Rianxo queremos un centro de día”
30 AgoCúmprense 50 días dende a Plataforma Centro de Día para Rianxo se pechara no Concello reivindicando a necesidade deste servizo para a nosa localidade. Nese sentido, quixemos saber de primeira man as impresións do equipo de goberno sobre este tema e sobre os servizos sociais en Rianxo.
Fotos das alfombras do Corpus Christi 2017 en Rianxo
18 XuñDe novo foi un pracer poder pasear polas rúas de Rianxo e contemplar as alfombras que con tanto cariño e tanto esforzo fixeron moitos veciños da localidade. O noso recoñecemento e gratitude a todas esas mulleres, homes e cativos que estiveron toda a noita traballando para que o día do Corpus Christi en Rianxo sexa tan especial.
A noite na que a Santa Compaña regresa aos montes de Rianxo
28 Mai
Esta pasada madrugada, entre o 27 e o 28 de maio, os montes de Rianxo enchéronse de luces. Ao lonxe, semellaba que as ducias e ducias de puntos luminosos que se estiraban e serpenteaban os carreiros formaban unha procesión de almas. A mesmísima Santa Compaña, que regresaba para guiar a vivos e defuntos ao máis alá.
Fotos e crónica do concerto do XIV aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo
21 Mai
Non era a festa da Guadalupe, pero onte na praza de Castelao os rianxeiros viviron unha noite máxica. Desas nas que xa vas co listón alto, coa sensación de que acabarás cun bo sabor de boca, desexando que haxa máis momentos así. Porque a Banda da Escola de Música de Rianxo non defrauda. E na celebración do seu XIV aniversario todos queríamos que fose perfecto. Porque os rianxeiros nos sentimos orgullosos da nosa banda de música e sabemos que nas próximas décadas poderemos seguir presumindo de músicos e de artistas grazas ao gran traballo que están a facer, como puidemos comprobar no concerto de onte.
Fotos da procesión do Santo Enterro en Rianxo
16 AbrO Venres Santo ás 22.00 horas tiña lugar, dentro da Semana Santa rianxeira, o Santo Enterro. Velaquí as imaxes dese momento.
Vídeos da voda de Eva Iglesias
18 MarCompartimos con vós a chegada á praza da Igrexa de Rianxo, dos noivos. Primeiramente vemos a Roberto, o mozo de Eva Iglesias, que chega entre aplausos dos veciños.
Fotos da voda de Eva Iglesias, colaboradora do Land Rober da TVG
18 MarAínda que habitualmente non tratamos eventos sociais neste blog, a verdade é que hoxe en Rianxo non se falaba doutra cousa que non fora a voda de Eva Iglesias, a coñecida colaboradora do Land Rober. E xa era máis que coñecida por todos polo seu traballo en varias orquestras (Abanico, Cinema e Marbella) e que na pequena pantalla tamén actou na serie “Augasquentes”. Antes foi a gañadora de “Canteira de Cantareiros” no Luar.
O grupo Os Chapís cantan ao paraíso de Rianxo
12 Mar
Grazas a José Luís Dopico Orjais e á Aula de Cultura Musical da Galiza (Uned Senior Rianxo) podemos desfrutar de documentos únicos coma este. Nel aprezamos ao grupo Os Chapís (encabezados por Manuel e Humberto Vicente) cantándolle a Rianxo.
Presentación do libro “Arcos Moldes, mestre sen escola”
10 MarO pasado sábado, 4 de abril, tivo lugar no auditorio de Rianxo a presentación do libro Arcos Moldes, mestre sen escola. Trátase dunha revisión, máis detallada e con máis información da biografía publicada en 1994 por Xosé Comoxo e por Xesús Santos. Levaban varios anos traballando nesta obra, que agora ve a luz grazas á Deputación da Coruña e ao Concello de Rianxo.





